GALEGO

GALICIAN


A Igrexa de Holy Rude

Rude” ou “Rood” é unha antiga palabra inglesa que significa “A Cruz da Crucifixión”.

A primeira igrexa foi fundada meste lugar polo rei David I mo ano 1129 pero foi destruida nun incendio en 1406. Pouco despois, Lord Chamberlain de Escocia fixo unha doazón para a construcción dunha nova igrexa e, aproximadamente no ano 1414, remataron a nave, a á do sur e a torre. Esta parte da igrexa, coas súas columnas escocesas redondas, os seus arcos gôticos e o teito orixinal de carballo, móstrase actualmente, e despois de bastantes cambios, máin ou menos como cando foi edificada.

Ó non ser a igrexa o suficientemente grande para a congregación, os artisáns locais, baixo a inspirada dirección do mestre de obras John Coutts, construiron un caro (a parte oriental) entre os anos 1507 e 1546.

No ano 1656, despois dunha disputa entre os dous pastores da igrexa e os seus partidarios, o Concello ordeou a construcción dun tabique onde se atopa neste momemnto a traveso, formándose en consecuencia dúas igrexas, a do oeste e a do leste, cada unha co seu propio pastor. Esta situación continuon ata 1935, cando as dúas congregacións se reuniron baixo un só pastor.

Entre os anos 1936 e 1940 realizouse a maior restauración. Demoleuse o tabique, extendéronse os cruceiros, construiuse a arista da bóveda sobre a travesa, eleváronse áo chan do coro e do presbiterio e construíronse, debaixo do chan do coro, as sancristías e a Dala Capitular.

Entre 1965 e 1968 realizáronse máis abras: a renovación da tracería de pedra dalgunhas fiestras, a reposición de moitas pedras que se desmoronaran, o recho de toda a mampostería e a renovación do sistema de calefacción. No ano 1970 o conxunto de seis campás da torre foi refundido e volto a colgar. Agora soan de xeito manual ou mecanicamente. Entre 1987 e 1993 fíxose unha restauración da igrexa por un importe de 1,250,000 libras (£).

María, raíña de Escocia, rezou nesta igrexa e John Knox predicou aquí. O 29 de xullo de 1567 o rei Xaime VI de Escocia, fillo de María, foi coroada neste lugar (mais tarde, cando finou a raíña Isabel, convertiuse en Xaime I do Reino Unido). Esto significa que a igrexa, que segue a ser usada como parroquia, é a única de Escocia ma que tivo lugar unha coroación.

PRÉGASE NON LEVAR A FOLLA DA IGREXA

www.holyrude.org